Lobishomes

 
    En relación co lobo , o máis interesante é a crenza no home lobo ou lobishome, figura mítica de estraordinario interés pola doorosa concretización nunha enfermedade mental chamada kynanthropos ou lykanthropos nosos, estudada xa polo médico do tempo de Adriano, Marcelo de Side. (...)
    Na crénza popular as metamorfosiso obedecen a diferentes motivos: á maldición do pai (Así Deus permita que andes atrás das lobas); a ter nacido o 24 de Nadal, noite do nacimento de Cristo; a ser o séptimo fillo varón ( noutras versións, o noveno, e ademais compre ter en conta que non pode haber polo medio ningún fillo do sexo contrario.E tamén existe a tradición que sinala que un matrimonio que teña sete fillas, e ningún home, ten a obriga de entregar a súa filla, que se converterá en pieira dos lobos), tamén pode caír a fada por envexa, bruxería ou mal de ollo que lle fagan a un, ou por unha soberbia que botase il mesmo.

    O Lobishome, de noite cambéase en lobo de xeitos distintos, os primeiros síntomas da doenza preséntanse en forma de fonda melancolía. A seguir, nun día determinado, xeralmente un venres ás doce da noite, fuxe da casa e prodúcese a transformación.. o máis corrente é emborcarse na terra (outras veces, as menos, envólvese nunha pel de lobo, baixo da que oculta a figura humá). Comente entón toda crás de ruindades e crimes, especialmente con seres humáns. Namentras anda de lobo, non hai pau, nin pedra, nin arma blanca, nin bala que o poda ferir. Incluso, moitas veces, tíranlle cunha escopeta e non sai o tiro.  Pódese crebar a malafada de desvariadas maneiras: facéndolle sangue; quitándolle a pel de lobo que leva e, principalmente, queimándolla; sorprendendoo e descubrindoo cando se emborca na poeira. Mais istes tres medios non sempre dan resultado: ás veces non fan mais que interrumpir o plazo da fada, de xeito que o lobishome, en lugar de quedar libre, pola contra, tén que volver a empezar, como si nada tivera feito, deica remata-lo tempo xusto.

    O mais corrente é que o lobishome somentes ande convertido en lobo por tempadas, ou polas noites, ou durante certos días, e a fada pódelle durar máis ou menos anos, ou o que sexa. Hai casos en que presinte que lle vai vir a onda, e advirte a algunha persoa que está coíl, e á que non quer facer dano, pra que se aparte e se vaia. Tamén acontez que, cando está na súa razón, o lobishome láiase da súa desgracia, dóese das súas fechorías e chora polas súas vítimas. Algúns andan buscando quen os libre da fada.

    Do lobishome correron por Europa centos de historias e casos que deron lugar a causas por bruxería e a escritos de moitas sortes.
    Na literatura clásica aparece, como mais citado, o caso do rei Lycaon de Arcadia, convertido en lobo por Zeus, por terlle adicado sacrificios humáns, ou por Hera, en venganza dos amores de Zeus con Calisto, filla daquel rei. O caso de Rómulo e Remo aseméllase ó dos nosos "peeiros dos lobos".
    Onde foi máis corrente a creencia é nos pobos xermánicos.. Historia típica é a do cabaleiro que vai de caza, persigue a unha loba e chega a lle cortar unha das patas de adiante; volve ó seu castelo, e atopa á súa muller cun brazo cortado, botando sangue.
    Nas historias de bruxos, nos procesos de feiticeiría e nos libros dos demonólogos, trátase ás veces de lobishomes como si se fixeran tales a mantenta, vountariamente. Nas creencias galegas non temos atopado iste caso: sempre son contra do seu gusto, e téndose por desgraciados.
 

 "Etnografía Galega" - Xesús Taboada Chivite
"Etnografía. Cultura espiritual" - Vicente Risco
"Guía da Galiza Máxica" - Vitor Vaqueiro
   


Páxina anterior
Páxina Principal

Escribeme!...