A Cachela de San Xoán, según Castelao
A noite do 23 ó 24 do mes de San Xoán, ou sexa a noite do víspora, e mailo día do santo, que é o 24, coincidindo co solsticio de vrau, cando o sol, chegado ó mais outo do ceo, vai encomenzar a baixar, cando se dá, nas nosas latitudes, o día máis longo do ano, dende o cual os días encomezan a debecer, é a data, dun cabo ó outro da área xeográfica do ciclo cultural européu ou occidental, o instante cecáis mais sinalado pra reviviren tódalas crencias e costumes dos nosos antergos máis remotos, conservadas na lembranza máis ou menos neboenta e nos degoros inconscentes da xente das camadas populares.
    "Carballos bentos, - dí Salomon Reinach - herbas collidas no día de San Xoán, exvotos pendurados nas ponlas, curaciós conseguidas pasando a traveso do burato dunha peneda ou pola fendedela dun árbore, isto todo prolonga deica nós as ilusiós... do tempo que pasóu... Cando os paisanos choutan ou fan choutar ás súas bestas a traveso das flamas das fogueiras do San xoán, practican un vello rito céltigo... " O autor dí esto todo, falando precisamente dos celtas e das súas creencias e cerimonias. E calquera galego que o lea, non ha poder menos de se lembrar de cousas vistas facer ben veces na nosa Terra.

As "cancelas"

As fogueiras Enfeitar as casas O baño da media noite A frol da auga As nove ondas As herbas de San Xoán O orballo

"Etnografía. Cultura espiritual" - Vicente Risco
"Galicia" - Manuel Murguía
"Antropología cultural de Galicia" - Carmelo Lisón Tolosana