 |
Logo, cando no ceo asomaban os cornos da lúa,
organizaban a festa do lume, á que ían todos, mozos e mozas,
ataviados con traxe de festa. As mulleres levaban prendida na roupa unha
poliña de codeso, para ter sorte ese día e comunicar esta
sorte a quen bailase con elas aredor da fogueira.
E así, bailando sen desmaiar, ían apagando
o lume cos pés, evitando con moito tento de non se queimaren. A
danza por fin acababa ó conseguiren deixaren totalmente apagada
por fin a lumieira, sen que nin chamas nin ascuas os alcanzasen. |