Romance da frol da iauga
("Galicia" - Manuel Murguía)
Madrugada de San Xoán, madrugada a máis garrida.
Que baila o sol cando nace e ri cando morre
o día.
¿Onde vai Nosa Señora, onde vai Santa María?
Vai cara á banda do mar, vai cara á banda da ría.
¿Qué diz a Virxe, que diz, qué dice Santa
María
¿Cal será a meniña, cal, que colla a fror
d'auga fría?
Non sera dama, nin deuda, que será a princesa Aldina,
A princesa namorada, filla do rei de Galicia.
Non hai outra coma ela, tan feitiña e tan bonita.
C'aqueles seus ollos craros, do color d'auga da ría.
Só ti aldina serás, quen leve a fror d'auga fría:
Érguete do teu leito nena, ven cara á banda do
mar
Qu'anque ti soiña veñas tornaras en compañía.
Na torre do real palacio, anque inda está lonxe o día
Móvense os liños dun leito, algunha xente s'erguía.
E a princesa ¡dio-la garde! era a moi garrida Aldina
Que vai día de San xoán catar a fror d'auga fría.
Coomo se ve polo romance, a que logra coller a 'frol
da auga fría' non volta soia á súa casa.
En outras composicións populares teñen igual poder esta
noite, a pinga de orballo que se agocha no cáliz dunha flor, que
a moza atopa. Presentando unha variable desta crenza un romance no que
Xesús, na cruz, é socorrido pola anduriña e a labandeira.
En pago, o Señor, concédelles certos favores, entre os que
destaca o da labandeira, esto é, que cando o día de San Xoán
colla unha pinga de auga no pico e a deixe caer sobre unha moza que se
bañe antes de saír o sol, esta sería feliz.
O baile do sol
Baila o sol
pola mañán
de San Xoán.
San Xoán pediulle a Cristo
que nono adormentase,
para ver bailar-o sol
o día da súa romaxe.
O día de San Xoan, pola mañán,
o sol baila no firmamento, e ao seu ritmo bailan tódalas meigas
da terra.
Na noite de San Xoán, como na de San Silvestre,
o derradeiro día do ano, as meigas acostuman a ir a xuntanzas co
demo, e a introducir meigallos no corpo das persoas. unha das maneiras utilizadas
polas bruxas é a traves do leite, polo que é preciso gardalo
en lugar que fique fóra do seu alcanzo.