Cancións populares
 
 
 A virxe de Guadalupe
Ollos verdes
 Mariñada de Rianxo
A saia de Carolina
Ventiño mareiro
O gato nun saco 
 Carmiña, Carmela 
 O sancristán de Coimbra 
Pousa pousa
  A Virxe da Barca 
O andar miudiño
Catro vellos mariñeiros
    Amoriños collín 
Eu de Marín ausenteime
 
Mariñada de Rianxo
Ai Pepiño, adiós,
ai Pepiño, adiós,
ai Pepiño por Deus non te vaias,
quédate con nós,
quédate con nós,
non te vaias afogar na praia
como nos pasou a nós.
¡Ai Sálvora, ai san Vicente!
¡Ai Sálvora, ai san Vicente!
¡Ai Sálvora, ai san Vicente!
as mozas bonitas, están en Mourente.
Ai Pepiño, adiós...
¡Ai Sálvora, ai san Vicente!
¡Ai Sálvora, adiós Mourente!
¡Ai Sálvora, boca da ría!
¡Para boas mozas en Vilagarcía!
Ai Pepiño, adiós...
¡Ai Sálvora, vento norteiro!
¡Ai Sálvora, meu compañeiro!
¡Ai Sálvora, vento ventiño!
xa están as rapazas na punta de Aguiño.
Ai Pepiño, adiós..
 
 
O gato nun saco
Xuntáronse catro un día,
os mellores deste barrio
mataron un gato a tiros
e o meteron nun saco.
Vai o gato metido nun saco
vai o gato pra terra da laxe
vai o gato metido nun saco
ai gatiño, xa non volves máis.
O gato era un artista,
que traballaba na ribeira,
agora é un bañista
na praia da Castiñeira.
Vai o gato..
Que mal lles parecía
a calquera deses catro,
que os meteran nun saco
como meteron ó gato.
Vai o gato...
 
 
O sancristán de Coimbra
O sancristán de Coimbra
facía mil diabluras.
mollaba o pan en aceite
deixaba os santos a escuras.
E vate fado, e vate ben
ti ere-la causa do meu desdén.
O mar tamén ten amores
o mar tamén ten muller
está casado coa area
dálle bicos cantos quer.
E vate fado...
Eu quixera ser merliño
e ter o pico encarnado
para facer o meu niño
no teu cabelo dourado.
E vate fado..
 
 
A Virxe da Barca
 
Veño da Virxe da Barca, 
da Virxe da Barca veño,
veño de abala-la pedra, 
de abala-la pedra veño.
Díxenvos unha mentira, 
veño de abala-la pedra, 
veño de abala-la grande, 
que a pequena abala ela.
Nosa señora da Barca 
ten o tellado de pedra, 
ben a puidera ter de ouro,
miña Virxe se quixera.
Nosa señora da Barca 
ten un teito bo de pedra; 
di a campana na volta: 
¡cantas voltas vai dar ela!
A miña Virxe da Barca,
para o ano hei de volvere 
que me quedou a mantilla 
no altar por recollere
 
 
O andar miudiño
Éche un andar miudiño
miudiño, miudiño,
miudiño, miudiño,
o que eu teño.
Que teño unha borracheira
de viño, que auga non bebo.
Mira, mira Maruxiña
mira, mira como veño.
Inda que ves, que me ves
que me ves, que me ves
que me caio.
Heiche de andar miudiño, miúdo, miúdo.
Que eu traio unha borracheira
de viño que auga non bebo.
Mira, mira Maruxiña
mira, mira como veño.
Aínda que ves, que me ves
que me ves, que me ves,
que me vou caendo
éche o andar miudiño
miúdo, miúdo, que eu teño.
 
 
Amoriños collín
 
Amoriños collin
á beiriña do mar,
amoriños collín
non os podo olvidar,
non os podo olvidar,
non os podo olvidar,
amoriños collín á beiriña do mar.
 
 
Eu de Marín ausenteime
Eu de Marín ausenteime
moi lonxe fun a vivir
pasei a vida chorando
e sospirando, Marín, por ti.
Eu non sei cantar
eu non sei reír
sin os airiños da ría
eu non sei cantar
eu non sei reír.
Pasei a vida chorando
e sospirando, Marín, por ti.
 
Ventiño mareiro
Teño un amor en Rianxo
e outro en Vilagarcía,
para ver os meus amores
teño que cruza-la ría,
teño que cruza-lo mar.
Teño un amor en Rianxo
que non o podo olvidar.
Non te vaias mariñeiro
á beiriña do mar
porque o vento mareiro
dá moi bo navegar.
Se navegas pola ría
de Rianxo verás,
as estrelas e a lúa
darlle bicos ó mar.
A virxe de Guadalupe
A virxe de Guadalupe
cando vén para Rianxo,
(bis)
A Barquiña que a trouxo
era de pao de laranxo
(bis)
Ondiñas veñen, ondiñas veñen
ondiñas veñen e van
non te vaias rianxeira
que te vas a marear.
A Virxe de Guadalupe
cando vai pola ribeira.
(bis)
Descalciña pola area
parece unha rianxeira.
(bis)
Ondiñas veñen..
Mariñeiro de Rianxo
sexas pobre, sexas rico.
(bis)
Lévalle á nosa Señora
nun caraveliño un bico.
(bis)
Ondiñas veñen...
 
 
Ollos verdes
Ollos verdes son traidores..
azules son mentireiros,
os negros e acastañados son firmes e verdadeiros (bis)
Na beira, na beira, na beira do mar
hai unha lanchiña, para ir a navegar,
para ir a navegar
para ir a navegar
na beira, na beira, na beira do mar.
Cinco sentidos temos..
os cinco necesitamos
pero os cinco perdemos cando nos namoramos (bis)
Na beira..
 
 
A saia de Carolina
A saia da Carolina
ten un lagarto pintado;
cando a Carolina baila
o lagarto dálle ó rabo.
¿Bailaches, Carolina?
Bailei, si señor.
¿Dime con quen bailaches?
Bailei co meu amor 
Bailei co meu amor
Bailei co meu amor
¿Bailaches, Carolina?
Bailei, si señor.
A Carolina é unha tola
que todo fai ó revés;
vístese pola cabeza
e íspese polos pés.
¿Bailaches, Carolina?
Bailei no cuartel.
Dime, ¿con quen bailaches?
Bailei co coronel.
Bailei co coronel.
Bailei co coronel.
¿Bailaches, Carolina?
Bailei no cuartel.
O señor cura nonbaila
porque ten unha coroa.
Baile, señor cura, baile,
que Deus todo llo perdoa.
¿Bailaches, Carolina?
Bailei, abofé.
Dime, ¿con quen bailaches?
Bailei co meu Xosé.
Bailei co meu Xosé.
Bailei co meu Xosé.
¿Bailaches, Carolina?
Bailei, abofé.
No curro da Carolina
non entra carro pechado
namais entra Carolina
co seu cocho polo rabo.
Co teu amor, Carolina,
non volvas a bailar
porque che levanta a saia
e é moi mala de baixar.
 
 
 
Carmiña, Carmela
Ven bailar Carmiña, 
Carmiña, Carmela, 
con zapato baixo 
e media de seda 
e media de seda 
e media calada 
ven bailar Carmiña,
miña namorada.
Os zapatos piden medias,
as medias piden zapatos, 
as raparigas bonitas 
piden rapaciños guapos.
Ven bailar…
Catro cousas hai no mundo
que revolven o sentido 
amar e non ser amado 
querer e non ser querido.
Ven bailar…
 
Pousa pousa
Fun a taberna do meu compadre,
fun polo vento e vin polo aire .
(bis)
É como en cousa de encantamento
fun polo aire, vin polo vento.
(bis)
E pousa, pousa, pousa
e non me toques naquela cousa.
E pousa pousa axiña
e non me toques naquela cousiña.
E pousa, pousa, pousa
e non me toques naquela cousa.
E pousa pousa axiña
e non me toques naquela cousiña.
Murmuraban as miñas veciñas
que eu andaba co crego  nas viñas.
(bis)
Iso é verdade i eu non o nego
que eu andiven ás loitas co crego
(bis)
E pousa..
Cando me case xa teño un galo
xa miña nai non me ten que dalo.
(bis)
Cando me case xa teño un polo
xa miña nai non me ten que dar todo.
(bis)
E pousa.. 
 
 
Catro vellos mariñeiros
 
     Catro vellos mariñeiros, 
     catro vellos mariñeiros, 
     todos metidos nun bote, 
     boga, boga mariñeiro 
     imos pra Viveiro 
     xa se ve San Roque, 
     boga, boga mariñeiro 
     imos pra Viveiro 
     xa se ve San Roque, 
     Ailalelo, ailalalelo,
     ailalelo, ailalala.
     (3 veces)
     Os mariñeiros traballan, 
     os mariñeiros traballan, 
     de noite ca luz da lúa, 
     da gusto velos chegaren 
     pola mañá cedo 
     cheirando a frescura, 
     da gusto velos chegaren 
     pola mañá cedo 
     cheirando a frescura, 
     Ailalelo, ailalalelo...
     Traio sardiña e bocarte, 
     traio sardiña e bocarte, 
     tamén xurelo pequeno, 
     rapaciña de Viveiro 
     ven busca-lo lote 
     do teu mariñeiro, 
     rapaciña de Viveiro 
     ven busca-lo lote 
     do teu mariñeiro, 
     Ailalelo, ailalalelo...
 
 


Páxina anterior
Páxina Principal
O que sexa...