Foro Literario






O Foro Literario pretende ser un medio aberto á publicación de textos curtos de calquera estilo, procedencia ou temática, pasando unicamente polo raseiro do respecto aos dereitos fundamentais dos seres humanos e o necesario límite de contido de 3 folios, escritos a dobre espacio en calquera das seguintes linguas: galego, castelán, catalán e vasco. Cada obra deberá de enviarse a xcg_coruna@hispavista.com. Unha vez recibidas, poderán ser lidas por tod@s @s internautas.












Ligazóns

"MIÑA TERRA GALEGA" [Ana María Salgado Díaz]

"Á Galiza na hora do Prestige" [Guillermo Gefaell]

"Fóra das memorias" [Pilar Pita Sánchez]

"Do azul ó mouro" [Mario]

"Qué é a paixón?" [Almudena Falcón Folgueira]

"Andazo" [Víctor]

"Fantasias" [CHANKECHAM]

"Ansia..." [Jacobo Casal Villares]



(Comezo)

MIÑA TERRA GALEGA

MIÑA TERRA LONXANA... XAMAIS ESQUENCIDA,
QIXERA NO TEU CHAN, DESCANSAR MAÑA,
TEUS VERDES MONTES... FERMOSAS FERVENZAS,
AREAS SOAVES... PRAIAS DE BELEZA.
GRANDE, ENORME E MARAVILLOUSA
TAN MAXICA E FERMOSA PARECE UN´ A DEUSA
TUAS FRAGAS ENFEITIZADAS, FALAN NOS, DE FADAS
SENDEIROS FRORIDOS... D´ AMOR E SAUDADE
SOIO, NAS ABAS DOS MONTES, E OS VALES
PODREI SER FELIZ...ANQUE O TEMPO PASE.
FAI TANTO TEMPO QUE EU ME FUN...
PRO SEI, NO MEU FONDO... QUE VOLTAREI A TI,
CICAIS, NOS SEXA DOADO, TORNAR AXIÑA,
E ANTE TI, POÑO A ESPRANZA MIÑA,
VIRXEN MILAGREIRA A DOS OLLOS GRANDES,
PATROA DE LUGO ¡¡¡AXUDA A TUA MIGRANTE!!!
DE TI FUNME LONXE, UN DIA FAI AÑOS...
MAIS NON ESQUENZO, O QUE TI ME DICHES,
REGOS DE LABRANZA, PAREDES LOUSADAS,
PAREDES DE MUSGO, CAMIÑOS DE PEDRA.
GALIZA QUERIDA...SEMPRE RECORDADA
¡¡¡TORNAREI UN DIA A PISAR TUA GRAVA!!!
TEU CLARO VRAN... INVERNO CHUVIOSO,
OUTONO AMARELO...PRIMAVEIRA E GOZO.
VOAN ANDURIÑAS RIBA DOS TELLADOS
E OS PAVOS REAIS, AMOSAN SEUS PLUMEIROS
DE CORES VIVOS
COMO SAUDANDO OS VIAXEIROS.
NON SOUPEN AMARTE CANDO EN TI MORABA,
AGORA TAN LONXE... A SAUDADE FALA.
CIDADES ANTIGAS DE ALTAS MURALLAS
RIAS E RIBEIRAS... CON FERMOSAS PRAIAS,
MOLLADAS DE MARES.... QUE CRUZAN MIL BARCAS,
NA TUA MUSICA LEDA... SOBRESAE A GAITA,
MIÑA GAITA GALEGA...
CANDO TE OIO SOAR, SINTOME NO CEO...
E ME FAS TREMAR.
MIÑA ANIMA AMOLECE... SOIO DE LEMBRARTE,
GALIZA ADOURADA... VOLVEREI A OLLARTE,
E NESE INTRE CON GRAN SENTIMENTO,
BICANNDO O TEU CHAN... DAREI A DEUS GRACIAS,
O TERME CONCEDIDO A OPORTUNIDÁ,
DIANTE OU MAIS LONXE...
¡¡¡A TI EI VOLTAR!!!
GALIZA TERRA MEIGA QUEROCHE MOITO


Ana María Salgado Díaz
asalgado@idealnet.com.ve




(Comezo)

Á Galiza na hora do Prestige


[1]

Ás illas atlánticas


¿E como vos chamaron,
protectoras,
vellas amigas, derradeiras
frontes da nosa costa,
vixiantes?

¿E como vos sentides,
orgullosas,
fieis, fermosas illas nosas,
barreira íngreme dos vertidos
dos navíos?

Os vosos altos lombos
esgrevios,
onde rebentan as ondas
milenarias,
onde risca a espuma vagarosa
en fileiras,
recibiran as marés de escuro fuel,
negro ghalipote traizoeiro,
consecuencia do que nunca debería
ter acontecido.

Gardianas das nosas Rías,
berce inmóbil
das gaivotas brancas
e dos soños,
¡Nobres illas, fortes, belas illas
magoadas...!

Os nosos corazóns de namorados
mariños
con vos choran pelos areais,
as dunas brancas,
os buracos
onde agachan a súa morte
os caranguexos.

Con vós berramos
¡Nunca, nunca...¡ ¡Nunca máis!
¡Nunca,
as costas da Galiza novamente
cos erros dos homes
enloitezan!


[2]

Aos voluntarios


Chegaron voando dende lonxe
de máis alén de montes
e fronteiras;
chegaron en grupos,
en bandadas,
e tamén solitarios,
por milleiros.

Pousaron debagar nos areais,
nas ventosas breñas
e rochedos,
cubrindo as costas da Galiza
de dor e amor
e desespero.

¡Choraron por nós....!

Cedo as brancas plumas relucentes
se tinguiran da cor preta
dos enterros
e coas mans, unllas e pernas
arrancaron a casca
do veleno.

O devalo dos mares
incesantes,
unha e outra vez,
coa marea,
trousou inclemente a súa carga
de arrecida morte
sobre a area

E eles combaron as súas costas,
os seus lombos pela dor
adormecidos,
sen fólego no peito, sen descanso,
a carraxe e o espírito
crecidos.

¡Loitaron por nós...!

Voluntarios de todas as idades,
de todas as cores solidarias,
e bandeiras,
demostran que o home,
cando home,
é amigo, é irmán
¡É compañeiro!


[3]

Aos mariñeiros


As altas ondas de mar levada,
agachando a negra morte no seu seo,
acostan incrementes, sen acougo,
nas praias da Galiza
neste inverno.

Vertidos de navíos descarnados
e homes lonxincuos e soberbios,
fixeran desta terra castigada
un lugar de nova dor
e sufrimento...

E...¿Que son aqueles puntos brancos
que no mar a distinguir case non vexo?
¿Son acaso barquiñas, barcos, buques,
son aves mariñas, mariñeiros?

¡Mariñeiros!

E...¿Que andan a facer naquelas augas
ferventes de ondas, marusías?
¿Están á pesca ou á colleita
do premio merecido a súa vixía?

¡Procuran!

E...¿Que traen no convés e nas bodegas,
nas bordas dos barcos e aparellos?
¿Son peixes prateados, irisadas
cunchas relucentes, caranguexos?

¡Piche!

E...¿Que fan en silencio pelas rúas,
nos mercados e prazas, as peixeiras?
¿Que tecen os homes e as mulleres
nos portos e nas casas, nas redeiras?

¡Barreiras!

E...¿Que mostran as caras renegridas
os ollos, puños, sobrecellas?
¿Que senten as xentes da Galiza,
nestes días de loito e de impotencia?

¡Rabia!


Guillermo Gefaell
g.gefaell@telefonica.net




(Comezo)

Fóra das memorias


No tempo,
na espera cuberta de cal,
tan branca que semella ser azul,
un baleiro acumulado esmágame as entrañas,
porque sábeme pequecha e esquecida.

Non preciso de futuros,
cansa de agradar o inesperado que non nace.

E neste ser o indefinido,
neste non ter presente que me habite
perdo as intencións que ata aquí me trouxeron,
e rezo a cada nube, a cada pedra,a cada movemento,
esperando que esta ilusión  desconsolada,
que me da a sensación  de penar,
de folla seca na boca,
abúrrase do meu pasar sen propósito,
deste meu camiñar,
que por non ser,
nin  unha sombra escura o acompaña,
e avanza tan pesado, espeso,
tan amargo,
que de cada paso, faise máis e máis pequeno,
para descubrirse só un átomo de ferro.

E neste meu indefinido trazo,
de segundo que non alcanza a ser tempo,
voume esquecendo cada día,
por non atopar fondo que piadoso,
queira ser repouso  en onde esperar a calma que me leve.

Anoxada descubro,
que para poder co peso deste estar,
preciso de mais corpo, de outra forza,
de un valor que creo xa non quero,
cansa xa de comprobar
que esto que transcorre no meu interior,
por non ser, non  é vivir,
é unha absurda acción aínda por catalogar.


Pilar Pita Sánchez
mpsanchez@eresmas.com


 


(Comezo)

Do azul ó mouro


Este noso inmenso mar que antonte reflectía
no seu leito os luceiros do alto firmamento.
Aquela praia, na que teus nus pes debuxaban
as historias
que nas rochas recitaban as lucentes ondas,
os luxuriantes e doces aromas
dos xabres, das cunchas
e dos soños.
Esta praia,
estas rías, aquel abano de arrecendos
que o peito agradecía;
e o mariñeiro azul
enmarcando o pratear das escumas:

                                     apocalìpticamente,
viráronse
na maldición
dunha moura pestilencia,
viscosa serpe
parida do pezoñento pecio,
esparexendo
inmundicia
sobre os
peixes e as aves denegridas,
e sobre as
xentes ribeiráns:
impotencia,
desesperación
e incertezas,
ante a
ineptitude dos elixidos cèsares,
quen deixaron
penetrar as funestas gadañas
que segan as
espigas dun litoral de vidas
nos mares da
Galiza.


Mario
mateus@teleline.es




(Comezo)

Qué é a paixón?


Qué é a paixón?
-pregúntome-
cando te vexo
a mirarme
de
a
rri
ba

a
a
bai
xo

cando vexo
os teus ollos chantarse nos meus
mentres
chantas
todo o demáis
e ouveas nun mar de loucura
case saloucando

e saltas soltando no ar
o teu arrecendo a luxuria

acelérase o pulso
e
entolea o peito petando no fondo
profundo afondamento
furgando sen fin

e céiba-lo teu mexunxe
cinguindo a miña cintura
coas mans suorentas

eu reméxome entre un ronsel de pracer
e a miña mente estoura

ti saes
eu prendo o lume do cigarro

fume na habitación
mentres o ventilador xira axitado...


Almudena Falcón Folgueira
almudenaff@hotmail.com




(Comezo)

Andazo


Sobrevíveme
para logo enterrarme
soterrando os nosos labios
e a carne
que se proxecte nas cuncas dos teus ollos
coma un espello tísico.

Sobrevíveme
crea Auroras que bendigan o noso andazo
que marxinen
o sangue dos peitos
a guirnalda dos cabelos.

Cre en min e atravesame
asfíxiame
na turba inaudita do Desastre
no resplandor periférico dos sentidos.

Sobrevíveme
neste mundo
na materia ardente
que se abre aos nosos pés
terra inocente e virxé sen pecado.

Abre en canal
a muralla que rodea ó corpo
que queden sen luto
os uniformes do medo
e apertame coma un boneco sen cabeza
a punto de ser executado.


Víctor
axlhoon@hotmail.com




(Comezo)

Fantasias

Fantasia-II


Tâo intenso era o brilho de aquela estrela,
que me cegou e este corpo cansado nâo teve
outra alternativa que pousar em lugar desconhecido,
sem nome visivel, nem corpo palpavel.
Ali tinha moitas e inusitadas formas de vida, tantas
que desconcertado entrei num bazar donde se
ofereciam em corpo e alma bonecas sedutoras para
todos os gostos. Olhei tanto e quanto um curioso
em pais exòtico costuma fazer, e reparei numha
que sô tinha o teu nome, nâo tinha rosto nem corpo,
digamos que era invissivel e que com ela fiquei.
As outras tâo belas e sedutoras nâo me atraiam.
Foi o teu embrujo quem me seduciu, cree-me.
Oh bela sem rosto! proba disso è que quando
te toquei meu corpo se excitou atal ponto que
senti teus labios nos meus a sugar meu alento
e quando meus dentes tocarom com ternura
o pòmulo da tua caprichosa orelha, escutei
extasiado o bruar dum mar enfurecido pola
paixâo. Foi entâo quando reparei que tinha
nos meus braços a mulher dos meus sonhos.
Tanto assim, que continuei, por aquel
corpo invisivel a lamber e sugar como
se fora um sorvete e vai que topo jà
com aqueles mamilos de sabor de limâo.
Nao quero continuar o meu recorrido
por que apòs o umbigo venhem outras
cousas donde montes e mares se
confunden e eu sô estou de viagem
por este maravilhoso mundo dos sonhos.
Agora, despois de tanto prazer bou
descansar. Amanhà quen sabe se nâo
me confundirei e quiças que nâo te
atope pois es invisivel, mas polo aroma
que tua alma deixou em mim, inconfudivel
por certo, nâo me escaparàs, jà que
para mim te quero e se tu me desejas,
que mais se pode pedir??


Fantasia-III


Olà minha adorada Feiticeira.
Gratas novas hoje, te vou a contar.
Acabo de atracar alì meso , nesse lugar,
no que a graciosa Venus fez seu ninho e
nele achei pousada donde comer e beber
o que quiser e a fartar. Que gostosa comida,
que molhos e que aroma tâo grato ao paladar.
Um dia destes ei-te de convidar. Dà por certo
que hàs de comer do meu prato e que nunca mais
doutro vas a gostar. Para mim e para os meus
invitados tudo è de graça e nada hà que pagar, e
polo carinho gostoso mas o amor que te dâo e os
extras que no acto te servem, se de entojo estàs,
ou por provar, ainda se desfazem em cumplidos
e com caricias pagam, por o feito de mandar.
Assim è minha graciosa mensageira dos Cèus,
este precioso lugar a donde vim dar, tal que
ainda hoje cansado estou de tanto singrar,
atè o triste ponto de que jà home nâo hà
nem farrapo de gaita tèm pra tocar.
Tal vez se a mìm vieres, nas alas do vento,
arroupada do teu esplendor e donosura
sem par, podia-se dar o milagro de què
como um novo Làzaro viera eu levantar.
Mas tu nâo vens, nâo apareces por nengum
lugar e este velho timonel sôsinho, para ti
a proa da nave quer, mas nâo pode enfiar.
Agora jà, todas sâo nèboas e nubens negras
que me estâo a cercar! Vem a mim. Oh linda
Fada misteriosa! Vem, o meu Cèo clarejar,
que este servidor a gosto teu, nâo meu,
te hà de despachar e quem sabe se nâo
quereràs recuncar!!


Fantasia-IV


Por fim, preciosa, achei o que procurava.
Eis aquì umha parcela idònea para
cansar corpo com sacha e arado.
Nào tam dùvida que o trabalho ,
fermento da vida è o elixir mais eficaz
para solucionar toda caste de problemas.
Àrdua foi a tarefa, mas com suor e vontade
preparei o terreno e logo semeei a parcela
e coma os antigos, a boleio , espargi as
estrelas do Cèo. Preciosa minha!
Se souberas o feliz que estou!
Hoje jà recolhi os primeiros frutos
que com tigo quero compartir.
De entre tantos escolhi o mais
irradiante e luminoso, o què como
um talismâo, quando o tenhas nas
mâos, os teus desejos, em realidade
se tornarâo.
È sô pensar em mim, ansiosa de
olhar-me como um Apolo sedutor
e assim em teus braços me teràs,
febril a suspirar mentres te mordo
com ternura um làbio apos o outro.
Se teu anelo for ver-me tranformado
em nimfa sedutora, ao instante no teu
colo estarei seio com seio mentras sugo
teu pescoço, mesmo debaixo da orelha.
Magico fruto este è que te envio, para
que sejas entre todas as belas a mais feliz.
Pois que jà bem sabes, que o meu prazer,
esse que sô è dado desfrutar aos eleitos
dos Deuses, è verte gozar como umha
Deusa rodeada de estrelas para admiraçâo
dos tempos futuros.


Fantasia-V


Parecia umha ilha mas era umha nuve
tâo bela e acolhedora, que decidi fazer alì
o meu ninho com quatro arbustos e um pouco
de erva seca que serviria de leito. Mas, que digo?
Aquelo era umha nuve tâo macia como um colchâo
feito, de espuma de mar. Pensava instalar-me quado a
minha bem amada viera, mas ei-te que jà ali à minha
espera estava, vestida de Eva, com traje turbador.
Eu, para nâo ser menos, fardei de Adâo luzindo todas
as minhas galas. Para começar o acto, acerquei èla
atè mim e a instalei no meu colo, de jeito que com ternura
e o maximo de delicadeza fui oferecendo todo o meu amor
atè encher, sempre suave , seu covisado peto, o que notei
por sua maravilhosa cara de satisfaçâo. entâo jà
emocionada, começou a mover-se presurosa mas eu
calmei-a falandolhe mole e suave que sosegara, que fora
de vagar, vagarcinho, que as cousas gostosas hà que
rendelas e assim o fez e estivemos a olhar-nos mentras
tenuamente nossos corpos balançavam como umha
barcarola em placido mar. Agora meu bem, disse,
encosta a tua cabeçinha no meu peito e sorrindo
obedeceu, Feliz da vida que se atopava! Voltei a dizer
deija eu fazer, que tenho mais experència, ou nâo?
Bem, o teu gemiar è prenùncio de precipitaçâo. jà tensos como bico de limâo. Acalma gatinha,
que estamos a sôs e temos todo o tempo do
mundo e sem olhos lascivos a nos espreitar,
Assim com meiguice e quando logo a hora
chegar explodiremos a um tempo, mentres,
degusta os doces aromas de savor a Cèo
e da mùsica celestial que nos oferece o vai
e vem do teu badalar. Agora, aperta, grita,
làia-te, nâo te reprimas que esto è o fim. E
assim explodimos, navegando numha nave
pendurada do Cèo. Logo do climax, veu o
extaxis que me fez lembrar aos incredulos
que sostenhem que o Cèo nâo existe!


Fantasia-XV


Por fim cheguei
oh minha doce feiticeira
ao pais das gratas novas que tanto almejei.
E, oh prodigio! Alì estavas ti
deitada em perfumada e pomposa flor
a lucir corpo belo e luxurioso <;BR> de jeito que como ìman
ao teu lado me atraiu
e qual possuido por exòtico narcòtico
pousei sobre de ti e tu carinhosa
com os teus delicados dedos
meus olhos fechas-te e ao instante
teus làbios mornos na minha boca sentì.
Logo essa tua ardente lingua
começou a furar atè que com
a minha atopou e se pus a brincar.
Quem me ia à dizer
que a este potro selvagem
e indomàvel que sempre fui
em tâo breve tempo ias domar
de jeito que num abrir
e fechar de olhos a minha grupa
e a pêlo limpo sem bridas
nem sela estavas a galopar
jà bem assentada fogosa domadora
neste teu Alazâo.
Como o soubeste indireitar
polos caminhos mais preciosos e gratos
que esta terra dos meus amores
oferenda a todos
os que sabem da naturaleza
as belezas saborear!
Logo havil amazona
para o cùmeo mais alto da
montanha me dirigiste
para là tu mas eu poder
com nossas mâos o cèo tocar
e assim foi mas cansados
eu de tanto cabalgar
e tu de tanto me esporear
deitamos logo corpo em terra
na esperança de descansar.
Empenho Inutil
pois insaciavel e fogosa
em mim trepaste
e com ìmpetu inusitado
e sorrindo como
querendo-me enfeitiçar
ao galope me
lanças-te polos cèos
e a voar
entre nubens e estrelas
no imenso e infindo espaço
tal um cometa
a navegar
Atè que logo ao fim a mais bela
das fantasias que jà
quiseram realizar
quando no paraiso estavam
a bela Eva e
o bondoso
pai Adâo.


Fantasia-VI


Seducido polos teus encantos,
Oh Feiticeira minha! no templo do amor entrei,
nesse maravilhoso espaço donde a beleza se
venera e se adora o amor. Procurei por ti e nâo te achei,
milheiros de beldades habia alì, mas tu que me seduces,
por quem eu suspiro, ati nâo vi. Desauciado, em transe
de desespero, saì para o jardim, esse lugar indizivel donde
as flores se contam por mil e todo ele percorri e Oh infeliz!
tâo pouco te achei, nâo estavas alì! Triste e desolado fiquei,
mas no instante, mesmo quando ia sair, a mim chegou aquele
passarinho, que dos Cèos desce para comigo parolar e
pousando no meu hombro, ao ouvido, assim me falou:
A que tu procuras nâo atoparàs, pois escondida està
no teu coraçâo, nele achou ninho garimoso e nâo quer
sair. Em tal escutando rasguei o peito e em canal o abrì,
e arrincado amor e coraçâo das entranhas, no jardim
os plantei e aos dous dei vida nova, um novo vivir. Oh
ditosa! Sorrindo, como querendo dizer que à brincar,
estavas, mas nunca fugindo de mim, da mâo me levaste
ao leito de rosas, de pètalos feito, que a tua espera estava alì,
para desfrutar fogosa de mim. E gozaste quanto quiseste,
jà que tudo o que desejaste, docil e com arte te dei e ainda
com novas maneiras e poses, nunca antes ensaiadas, com
plazer e goze para mim, a mais ditosa do mundo te fiz.
Logo jà esgotados, mas insinuando-me com teu meigo
olhar que apos umha pausa, tinhamos que proseguir,
dormido fiquei e o mais belo sono da minha vida,
em teus braços dormì.


CHANKECHAM
chankecham@teleline.es




(Comezo)

Ansia...


...na primeira figaración da miña propia xénese;
...daqueles ecos que xa afogan no pozo da asonancia.

Noite e nostalxia:
- ¿Eu son feliz?, pregunto...
...eu fun, eu estiven e
eu, icono da cordura,
pregúntome,...¿son feliz?

...bágoa na fráxil espesura gris;
...xerme da primeira morte e da última crisalida;
...peito escrito coa definición primitiva das navallas
e a sútil infección dos insectos.

...son arrogancia pétrea,
inxustiza volátil, son:
(acepción encolada de libido)
congoxa, anhelo, fatiga, angustia
...Náusea.


Jacobo Casal Villares

1