ARUME VERDESCENTE

 

Os ecoloxistas da CODA denuncian que España é o país que máis rápido destrúe o seu hábitat. Tamén sería bo saber que España é a primeira reserva ecolóxica de Europa. Así que, nenos, por unha cousa que ten boa España, conservádea.

O mercurio que contén cada pila botón, (esas pilas inofesivas en apariencia que usan os Tamagotchi e os reloxios), pode contaminar ata 6 000 litros de auga. Incrible!! Así que recliádeas polo ben de todos.

Disque que no 2006 pode caer un asteroide sobre a Terra e nos vai aplasta-la chepa. Ouh non, que vai ser de nós?! Tranquilos ó fin e ó cabo só e un dos 5 000 catalogados.

Sabedes que dúas das catro centrais térmicas máis contaminantes de Europa están en Galiza? Unha nas Pontes e outra en Meirama. Así estamos, que os grelos da bisbarra cada vez están máis cativos. E mentres os países do mundo tentan reduci-la emisión de gases á atmosfera, os cochos dos ianquis e dos xaponeses pasan de todo.

Oímos na radio (e nun programa serio, non en "Gomaespuma"), que o inverno de Siberia é tan tan frío, que chegan ós 57º C baixo cero, e os nenos xogan a conxela-lo seu alento. Como será iso?

E que pensades sobre o descubrimento de auga na lúa? Sabedes que moi pronto van comezar a construír rampas e pistas no chan luar?

Un dato curioso: a media de vida das mulleres españolas é de 81 anos e a dos homes 74.

E agora, un conto de medo: papá hipopótamo quixo zoscarlle a nené hipo-pótamo, e mamá hipopótamo defendeuno apertándoo contra unha parede. Pero tanto tanto o apertou, que nené hipopó-tamo palmou asfixiado. Que animalada, o pobre morreu dun ataque de hipo.

Extra, extra, novo animal sobre a face da terra!! extra... Chámase Emú e é unha galiña xigante ou unha avestruz pequena, segundo se mire. E se gostades da carne vermella, como a de tenreira, estades de noraboa!! este novo animal ten un montón de carne de este tipo. Bo proveito!!!

O que é unha pasada é a cantidade de borralla que dá voltas ó redor do noso planeta. É o chamado "lixo espacial". Son cachiños de naves e satélites, residuos de combustible, etc. É algo perigoso porque viaxan a moitísima velocidade (sería moi parecido a disparar unha bala), e se impactan contra a MIR, estropéana de todo.

 

 Preme para volver ao sumário

1