(Revista Nós, nº 55)
<< Cencia
Popular. Predicción do tempo.
En primeiro termo polos días do mes de Xaneiro, asegún istes sexan,
serán os meses que corresponden a ditos días; as, si o día
primeiro fai bó tempo, o mes de Xaneiro será bó; si o día
dous chove, choverá no febreiro, etc.
Dende o día 12 son as contra sortes e siguen o mesmo orde que
do primeiro ó 12
Cando o sol ó deitarse embermellece fortemente as nubes do ponente, o
día que segue será caloroso; si o bermello é polo Oriente,
será de choiva.
Cando se alcenden por afora os potes e cazos postos ó lume, sinal de
choiva.
Si as arañas traballan con moito afán, indican que vai nevar.
Si cai ferruxe da chimenea, está a choiva preto.
Si cando chove o rego forma ampollas, a choiva será forte.
Os callos e a reuma son bastante bós barómetros.
Tamén cando as pitas están tristes e achegadas unhas as outras
indican nevada.
>>