• Anterior: O crego e o sancristán que se confesaron un ao outro.
  • Seguinte: A galiña asustada.

    Por qué a lúa está marxada

         Cando Dios e San Pedro andaban polo mundo sei que lles escureceu nunha senra. Como a noite viña nubra non se vía miga, inda que houbese luar, e San Pedro deu tal cotenada que quasi racha a dida dun pé. Laiando, destocouse:

         -¡Vallame San Pe..., digo; vállame San Xoán! Esa lúa non alumea..

             E, encarándose ó ceo dixo deste xeito:

    -Vaite lúa, faite sol
    e escrarece este arredor

    No punto, unha albeira craridade delurou sobre a terra. Noso Señoriño, que ía diante, ollou no Apóstolo por derriba do lombo decíndolle moi mansiño:

    -Pero home, sei que eres parvo, ¿non ves que estoncias non habería noite?

    E collendo unha presa de xabre guindoullo á lúa. Noso Señoriño afitaba; o xabre dou de cheo e a lúa quedou esmorecida e escarapolada.


    Indice de contos
    Páxina Principal
    O que sexa...