<< Preto da
freguesía de Mundil hai un monte chamado Alto das Meigas, onde se van
peinar as mulleres, sobre todo as mozas, pois debido a que dende alí
vense nove eirexas parroquiás, rezando sete veces a salve, peinándose
e dando arredor dunhas pedras postas en forma de lavadeiro, nove voltas, consiguese
salva-la saúde, ser bonitas e casar logo e ricas.
O cerimonial consiste en erguerse cedo, levar un cacharro con auga e chegar
aló sen ter falado con ninguén, peinarse, etc. e voltar sen falar
outra vez ata chegar á casa; si se fala non val a cerimonia. Iste costume
vai ficando en desuso debido ás burlas que so son ouxeto as que a practican.
>>