• Anterior: O xastre, o zapateiro e os ladrós.
  • Seguinte: A muller segreda.

    O cura e o sacristán

       Había unha vez un cura que notóu que o sancristán lle iba ó horto coller a froita, e un día chamouno pra que se confesara, e ver se puña termo por meio da cofesión ós seus ladronicios; e efeitivamente, estando xa o sancristán confesándose, preguntoulle o cura:

        "Quen é o que roubóu a froita do horto?"

        Ó que respondéu o sancristán:

        "Non se oie ben dende eiquí, señor cura, faga o favor de berrar máis".

        "Home eche unha cousa ben rara -díxolle o cura- dígochue que quen é o que rouba a froita no horto".

        "Ser, será unha cousa rara - respondeulle o cncristán - e hasta parece cousa do demo, pero a fé que non se escoita nada dende iste sitio".

        "Pois eu nono creo", díxolle o cura.

        "Pois si nono cree, véñase pra onde estóu eu, e xa verá como non se oie".

         E entón o cura, querendo ver se era certo o que dicía o sancristán, consentíu en cambiar de sitio, e cando xa estaban de novo colocados, preguntoulle dende adentro o sancristán ó cura:

        "Quen é o que anda ca muller do sancristán?".

        "¿Que é o que dís?", respondeulle o cura.

        "Dígolle -volvéu a decir o sancristán- que quen é o que anda ca muller do sancristán".

        Entón respondéu o cura:

        "Home, tiñas ti razón e aínda che sobra, porque dende afora non se che oie nada".


    Indice de contos
    Páxina Principal
    O que sexa...