Manuel Blanco Romasanta

     Hai moitas historias de lobishomes, homes e mulleres, pro a máis soada é a do chamado home-lobo de Allariz, Manuel Blanco Romasanta; a quen chamaron primeiro o "home do unto", (por creerse que lle sacaba o unto ás rapazas), natural de Santa Baia de Esgos, preto de Ourense, e que vivéu en Rebordechao e Vilar de Barrio, e vendedor ambulante en Castela. Acusado de varios himicidios, detivérono en Castela e foi procesado polo xuzgado de Allariz, no ano 1852, dando orixe a unha das causas máis célebres e sensacionás de todo aquil século.
    Manuel Blanco Romasanta, home plácido, falangueiro e mañoso, servicial, devoto, gran viaxeiro por Hespaña e Portugal, un pouco "amariquitado", non somentes confesóu todolos seus crimes, sinon que guióu ó xuzgado nos recoñocimentos feitos na serra de San Mamede, teatro dos seus feitos, en procura dos restos das víctimas (que non se chegaron a atopar, agás no caso de tres persoas, das que, maáis tarde, se soubo que foran, con efecto, vítimas dos lobos). Disculpouse decindo que il non facía aquelo pola súa vontade, senón forzado por unha fada, xa que, por efecto dunha maldición ou por outra causa descoñecida, volvíase lobo, e non tiña outro remedio que facer o que fan os lobos. Facía trece anos que emprincipiara a sentir un desexo de sangue que non podía resistir, e ós seis meses, achándose no Val de Conso, na serra, atopóu dous lobos e volveuse lobo il tamén. Aquiles lobos eran outros dous lobishomes, que se chamaban un Antonio e outro don Jenaro, os dous valenciáns. Coíles andivo cinco días, e despóis volveron coller figura de cristiáns. Na súa compaña fixo tódalas mortes, que foron as de Manuela García, a súa filla Petronila, a súa irmá Benita e un fillo desta, Antonia Rúa e a súa filla Peregrina e despóis a outra filla, María e un sobriño da Manuela, todos de Rebordechao, en Vilar de Barrio, e ademáis confesóu a dunha rapaza de As das Xarxes, unha muller, perto de Chaguazoso, un rapaz entre Prado Albar e Chaguazoso, e unha vella xunto de Fornelos, doce en total. Cando lle pegaba o mal, en compaña dos outros dous, ispíanse de todo, botábanse no chao e revolvíanse na terra, erguéndose xa en figura de lobos, e entón acometían e esgazaban a quen fose, con dentes e uñas, e comían o corpo da víctima sin deixar mais que os ósos. Ás veces andaban de lobos oito ou quince días, perdida a razón, mais non am emoria nin a coñecencia, e non tiñan medo, porque sabían que nonos podían coller nin feir, anque estiveron ás veces en monterías dadas en Val de Conso. Cando estaban en figura de homes, volvíalles a razón e choraban con moitísima pena polo que fixeran de lobos. Ó Manuel acabóuselle a fada o día se San Pedro de 1852.
    Os informes facultativos dano como home normal, de bon xuicio, non penetración, tacto e talento naturás superiores á súa condición, sendo polo tanto, responsable. Condeado a morte o 6 de abril de 1853, e pendendo a causa de sentencia en segunda instancia, intervíu o profesor Philips, un hipnotista que explicaba en Arxel "electro-bioloxía", o cual sostivo que se trataba dun irresponsable, pois il podía, apricando os seus métodos, transformar a un home en lobo furioso, é dicir, presentando os apetitos e inclinacións desta fera. Manuel Blanco Romasanta, defendido na Audiencia polo escritor Rúa Figueroa, non chegóu a ir ó garrote (foi indultado por Isabel II), pro morréu logo (na cadea), sin que en realidade se esclarecese si era un tolo ou un simulador.
"Etnografía. Cultura espiritual" - Vicente Risco

    Na crenza popular ficou, sen emgargo, a lenda segundo a cal o suposto lobishome, era, efectivamente, o asasino de vítimas inocentes, ás que daba morte para apoderarse dos seus untos, substancia que adquiría prezos moi elevados por ser axente infalíbel de curacións.
    Nas feiras do país circularon, mesmamente, cantares de cego que relataban a súa historia, nos que se lle designaba co nome de Manuel Lobo, se salientaba o seu interese polos untos, e mesmo se chegaba a dar por certo que o axustizaran na vila de Celanova o día 4 de agosto de 1853.
 


Páxina anterior
Páxina Principal

Escribeme!...