• Anterior: Por qué a lúa está marxada.

    A galiña asustada

         Unha vez era unha galiña que estaba debaixo dun castiñeiro, e caeulle un ourizo na cacorrochiña. Comezou a correr, e topouse co galo.

         -Marche de aí, don Galo, que cae o mundo a pedazos.
         -¿Quén cho dixo, dona Galiña?
         -Caeume a mi na coroniña.

         E marchou
         Chegou onde a lebre, e díxolle:
         -Marche de aí, dona Lebre,
         que cae o mundo a pedazos.
         -¿Quén cho dixo, dona Galiña?
         -Caeume a mi na coroniña.

         Marchou, e chegou onde a raposa:
         Marche de aí, dona Raposa,
         que cae o mundo a pedazos.
         -¿Quén cho dixo, dona Galiña?
         -Caeume a mi na coroniña.
         -Si cae o mundo a pedazos,
         eu quero ir ben fartiña
         E chapou a faladora galiña..

     


    Indice de contos
    Páxina Principal
    O que sexa...